Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

250 persoas participaron na Andaina e Trailiño Alboi, en Viveiro

Por 9 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación Deportiva Cultural Alboi en colaboración co Concello de Viveiro organizou a Andaina e Trailiño Alboi o pasado domingo 4 de febreiro do 2024.

Participaron un total de 250 participantes, 115 para a andaina e 135 para o trailiño, e foi un percorrido de 12.5 quilómetros polos montes de Viveiro, cun desnivel positivo 600 metros.

Trala proba houbo unha entrega de trofeos e uns petiscos para os participantes. Na entrega estivo o concelleiro de deportes de viveiro e Fidiño presidente da ADC Alboi.

Así os gañadores na Absoluta Masculina Fabián Casabella Baltar, do Peña Lar Trail; Miguel Vilavoy Filgueira, do Club Monte O Caxado; e Jose Santiago Villar, Indep.Cariño. En Absoluta Feminina Romina Reimondo Gasalla, do Toxiza Club Montaña; Kenia Estrada, Indep. Lugo; e Lourdes López Villar, do Club Atletismo Ribadeo.

Na categoría Máster A Masculino foron Emilio José Fernández Fonticoba, Indep.Naron; Manuel Martínez Herrero, Peña Lar Trail; e Xesus Regueiro Fraga, Indep.Cedeira. Na Máster A  Feminina foron Angela Maseda, Peña Lar Trail;  Sonia González Valea,Club atletismo Ribadeo; e Raquel Miguez Chao, Peña Lar Trail.

En Máster B Masculino, Jesus Arca Canto, Peña Lar Trail; José María Gueimunde, Indep Viveiro; e Pedro Pumares Marrube, As Escondidas. En Máster B Feminino Isabel Muñoz Rodríguez, Toxiza Club Montaña; Marta Miguez Chao, Peña Lar Trail; e Carmen Casal Llorente, A Coruña. E en Máster C Masculino Rafa Villar López, Peña Lar Trail; Luis Fernández Verga,Verxel Nutrición; e Rufino Fernández Trasancos,CD Egovarros Viveiro.