Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

O club de bádminton O Cembedo de Viveiro consigue dúas medallas no torneo sénior nacional

Por 21 Febreiro, 2024Sin comentarios

O pasado sábado 17 e domingo 18 de febreiro tivo lugar en San Lorenzo de El Escorial un torneo de bádminton sénior a nivel nacional, de categoría N2.

A esta cita deportiva acudiron Marta Castro e Jorge Santamariña, representando ao Club O Cembedo de Viveiro, e que competiron en varias modalidades.

Así, Marta Castro formando parella con Dolores Sarmiento, do club Athlos de Ourense, conseguiu unha medalla de prata en dobre feminino C1, e a parella de Marta e Jorge, participando en dobre mixto C2, conseguiron unha medalla de bronce.

A vindeira cita competitiva para o club terá lugar en Viveiro, o día 2 de marzo, ca celebración do Campionato Galego Sénior onde se espera unha gran participación.