Skip to main content
A PontenovaDeportes AMARIÑAXA

A I Copa de España de descenso de augas bravas será na Pontenova

Por 28 Febreiro, 2024Febreiro 29th, 2024Sin comentarios

Os días 2 e 3 de marzo celebrarase no Concello da Pontenova a I Copa de España de descenso de augas bravas nas modalidades clásica e sprint. A proba será válida para o campionato galego de sprint e para o de Europa júnior e sub23 e o Mundial sénior.

Esta competición contará con preto de 260 embarcacións de 21 clubs diferentes de varias comunidades autónomas. O sábado será as dúas mangas da competición sprint a partir das 15.00 horas e o domingo será a proba clásica ás 10.00 horas.

A proba está organizada polo Club Cidade de Lugo, coa colaboración da Federación Galega de Piragüismo (FGP), a Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) e o Concello da Pontenova, disputarase nas categorías cadete, júnior, sénior e veteranos.