Skip to main content
Barreiros

O PP de Barreiros urxe unha solución para o depósito de auga potable na Rilleira

Por 25 Febreiro, 2024Febreiro 26th, 2024Sin comentarios

O PP de Barreiros urxe unha solución para o depósito de auga potable na Rilleira ante a posible filtración de elementos que o contaminen, xa que José Manuel Gómez Puente explica que este depósito de auga potable abastece á Rilleira e Villamartín Grande, na parroquia de Cabarcos, e á parroquia de Villamartín Pequeno Barreiros.

Nos últimos días, varios veciños das parroquias de Cabarcos e Villamartín Pequeno alertaron aos concelleiros do PP de Barreiros do problema co depósito de auga potable que hai en Rilleira, “xa que unha das tapas superiores leva varias semanas aberta, o que provoca que a auga se contamine ao caer calquera tipo de elemento no seu interior”, explican.

Así, o voceiro do PP de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, afirma que “esta é a preocupación que ten o Goberno local do BNG pola seguridade sanitaria dos nosos veciños. Non hai control nin vixilancia das instalacións prioritarias do concello”, explicou, recordando o caso do valado caído na depuradora de San Bartolo que dende os populares denunciaron en varias ocasións.

Dende o PP de Barreiros urxen unha solución inmediata a este depóstivo de auga potable para evitar a contaminación do seu interior, un depósito que abastece á Rilleira e Villamartín Grande, na parroquia de Cabarcos, e á parroquia de Villamartín Pequeno.