Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo programa unha nova edición do campionato de tute e parchís do 8M

Por 3 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse estará aberto desde este mesmo mércores e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse durante esta semana na Casa da Cultura de San Cibrao ou chamando ao número de teléfono 982 595 157”.

As competicións comezarán o luns 5 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongaranse ata principios do mes de marzo.

Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse no xantar do Día da Muller, con data aínda por determinar.