Skip to main content
Trabada

O Concello de Trabada quere cubrir o parque infantil da rúa de San Roque

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para executar a cubrición do porque infantil situado na Rúa de San Roque.

“Coa cubrición deste parque, os nenos e nenas do noso concello poderán xogar e desfrutar durante os días de chuvia ou de moita calor, xa que a estrutura que se pretende instalar conta cun sistema de cuberta textil para protexer das condicións meteorolóxicas adversas”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García.

“Desta forma, pretendemos seguir mellorando as nosas instalacións de lecer e os parques infantís de Trabada, potenciando o seu uso por parte das familias”, engade o alcalde.

“Agardamos que a Xunta de Galicia nos conceda esta subvención para así seguir mellorando os parques, ao igual que faremos nos vindeiros meses coa renovación completa do parque infantil de Sante, unha actuación incluida no Plan Deputación da Deputación de Lugo”, remata Rubén García.