O voceiro popular do Partido Popular de Trabada, José María Fernández, vén de comunicar que xa comezaron as obras que darán unha cobertura móbil mellor a tódolos veciños e veciñas.
“As obras que está a facer a Xunta de Galicia son na parroquia de Fórnea”, dixo Fernández, “nós o que dicimos cumprímolo, dende o Concello nada se fixo neste sentido, sendo unha necesidade moi grande e que os veciños de Fórnea estaban desexando”.
Segundo Fernández, “o PP de Trabada non falla e cumpre co que promete”.