Skip to main content
Trabada

O Entroido do Picato de Trabada será este sábado

Por 23 Febreiro, 2024Febreiro 24th, 2024Sin comentarios

A asociación O Picato celebrará a festa de Entroido 2024 este sábado 24 de febreiro. O deseño de José Luis foi o escollido polo xurado para representar a festa e que levou un agasallo de 50 euros.

Nesta festa contarán con xantar e música e o desfile dará comezo as 18.00 horas que dará paso á festa, a gran verbena, e á entrega dos premios. Tamén venderanse rifas durante o desfile e no comezo da verbena para un sorteo.

Para participar é necesario anotarse online antes das 16.00 horas mandando un correo aasociacionculturalopicato@gmail.com. E presencialmente de 14.30 a 16.00 no salón de actos do colexio. A contía dos premios do desfile ascende a 5.000 euros a repartir entre todas as categorías.