Skip to main content
Trabada

Comezan as obras de mellora nas vías trabadenses do Porto do Malle, A Trapa e Santo Estevo

Por 24 Febreiro, 2024Febreiro 25th, 2024Sin comentarios

O Concello de Trabada informa que dan comezo as obras de mellora en O Porto do Malle, A Trapa e Santo Estevo. As actuacións que se están a levar a cabo consisten na limpeza de cunetas, pavimentación das vías municipais e construción de cunetas de formigón en varias zonas onde o terreo se abrándase debido a gran cantidade de auga que transcorre.

Este proxecto cun importe total de 41.950,45 euros, está incluído dentro do convenio de mellora de accesos asinado a finais do ano 2023 ca Deputación Provincial de Lugo.

“Continuamos ca mellora das nosas vías municipais, e quero agradecer unha vez máis a colaboración da Deputación de Lugo co Concello de Trabada” afirma o alcalde, Rubén García.