Skip to main content
Trabada

O Partido Popular de Trabada sinala varias deficiencias no Ceip Celso Currás

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Partido Popular de Trabada vén de sinalar varias deficiencias no Ceip Celso Currás tras unha visita ao centro. “A verdade é que nos impactou ver tódalas deficiencias, e toda a deixadez que é inexplicable e intolerable”, indicaron.

“Fannos moita gracia cando dende o grupo de Goberno din que apoian a xuventude pero na realidade so se busca foto, aparentar cando hai celebracións ou festas”, din os Populares, “logo dirán que a culpa é doutros e levan 9 anos gobernando”.

Dende o seu grupo esixen que se faga o mantemento das instalacións públicas, “sendo competencia do Concello, non se pode botar a culpa a outros, hai que gobernar e non so aparecer en actos e sacar fotos”, engaden.

“Ademais de poñer enreixados e portas por tódolos lados que parece un labirinto, está sen coidar e sen facer mantemento en nada”, din, “e mesmo o ximnasio e o pavillón que ten goteiras todo o longo da grada”.