Skip to main content
Trabada

O Concello de Trabada ten un proxecto para renovar a área recreativa da Choza

Por 28 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Trabada solicitou unha subvención de 30.000 euros á Vicepresidencia Segunda e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta para levar a cabo actuacións de restauración, renovación e adecuación da área recreativa da Choza, na parroquia de Ría de Abres.

Estes traballos darían continuidade a outras obras realizadas na zona nos últimos anos, como o espazo para autocaravanas ou a mellora dos accesos á propia área recreativa da Choza, que está á beira do río Eo e ofrece varias zonas de descanso onde gozar do ambiente fluvial.

As actuacións que se levarían a levar a cabo son a renovación dos carteis informativos e dos murais de madeira; a adecuación da pasarela de madeira e da varanda de madeira; a restauración do miradoiro de aves, e a instalación de novos elementos de sinalización.

“Á área recreativa da Choza é un dos espazos de natureza e lecer cos que contamos no concello e queremos renovalo, mellorando as infraestruturas a disposición dos nosos veciños e dos visitantes”, sostén o alcalde de Trabada, Rubén García.