Skip to main content
O Valadouro

O Festival Valadouro Rock terá unha festa de presentación este sábado

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Festival Valadouro Rock celebrarase o vindeiro 22 de xuño ás 17.00 horas e contará con grandes bandas a nivel nacional.

Así, informaron de que contarán cos valencianos Gigatrón, coa banda asturiana Skuld, o grupo ribadense Materia Muerta, o grupo de Avilés Leather Boys, os asturianos Drunken Buddha, os madrileños Vita Imana, o ex de Siniestro Total, Miguel Costas, Obus e Strikeback

De momento xa se poden ir mercando as entradas na súa páxina web a un prezo de 26 euros. Os menores de 15 anos que o desexen poderán acudir gratis ao festival acompañados dun adulto con entrada.

Pero para ir quecendo motores haberá unha festa de presentación con In_Sanity, de Avilés; Chris Masuak & The Viveiro Wave Riders, de Viveiro; e Rock&Rockets, de Avilés.

Esta cita será o 17 de febreiro no Pub Atalaia de Ferreira do Valadouro. A apertura de portas comezará ás 22.30 horas e terá entrada gratuita.