Skip to main content
O Vicedo

Critican o inicio da obra que dificulta o acceso á casa da cultura no Vicedo

Por 3 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Centro sociocultural e da terceira idade, situado na casa da cultura, está designado pola Xunta electoral de zona como local electoral durante toda a campaña, todos os días.

Segundo denuncia o exvoceiro do PSdG no Concello do Vicedo, Vicente C. Parapar, dende onte, primeiro día de campaña, os accesos están cortados para as persoas con problemas de mobilidade e ofrece máis difíciles para o resto das persoas, xa que debido as obras levantaron a beirarrúa toda a fronte da casa de cultura.

“Que casualidade que o primeiro día da campaña, venres, se levante a beirarrúa, só netes tramo e non se deixe ningún acceso sabendo que o domingo hai acto electoral na mesma”, critica o socialista.