Skip to main content
O Vicedo

A aula Cemit do Vicedo conta con novos equipos para o uso dos seus usuarios

Por 5 Febreiro, 2024Sin comentarios

A aula tecnolóxica do Vicedo, aula Cemit, situada na casa da cultura, está a ofrecer diversos cursos gratuítos para a poboación.

Contarán con cursos para nenos de mecanografía, programación, ofimática e busca de información. Serán os xoves de 16.30 a 18.30 para nenos a partir de 7 anos; os martes para nenos a partir de 8 anos e os mércores de para nenos a partir de 10 anos.

Para os adultos haberá tamén clases de mecanografía de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas.

As inscricións haberá que facelas na casa da cultura e para máis información pódese chamar ao 982 590 195, escribir a cemit.ovicedo@gmail.com ou ben de forma presencial na casa da cultura do Vicedo en horario de 16 a 20 horas.

Xa a finais do ano 2023 todos os ordenadores foron cambiados por uns máis novos para que os usuarios puideran usalos con comodidade e sen problemas, e así desfrutar e aprender nas clases sen a lentitude dos outros aparatos.