Skip to main content
O Vicedo

A asociación Nordés está a colaborar no proxecto de segunda vida de vellas bicicletas

Por 26 Febreiro, 2024Febreiro 27th, 2024Sin comentarios

A asociación mariñá Nordés, con sede no Vicedo, está a colaborar no proxecto de segunda vida de vellas bicicletas da man da asociación Recycling.

“Co obxectivo de darlle unha nova vida ás vellas bicicletas que fican abandonadas en faiados, alboios e demais sitios onde gardamos os trastes e as cousas que pensamos que nalgún intre poden volver a sermos de utilidade, aínda que moitas veces ese momento non chega e vanse deteriorando co paso do tempo ata que xa non serven para nada e rematan no lixo”, din.

Recycling recolle esas bicicletas que xa non se queren, ponas a punto e fai entrega delas a persoas que precisan desde medio tanto a nivel nacional como internacional.

Nordés xa colaborou na entrega e desde fai uns meses garda bicicletas doadas pola veciñanza para entregar. Así, o vindeiro 20-21 de marzo farán a seguinte entrega e, por iso, fan de novo un chamamento para que a xente dos concellos veciños interesados en facer doazón de bicicletas se poña en contacto con eles para a entrega. Poden facelo chamando ao 653 756 454 ou en asociacion.nordes@gmail.com.