Skip to main content
Xove

O Concello de Xove está a facer entrega das árbores froiteiras, árbores forestais autóctonas e plantas ornamentais

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Xove está a facer entrega das árbores froiteiras, árbores forestais autóctonas e plantas ornamentais.

Xove, como Concello con moita superficie a solo forestal, ten unha afectación maior que outros  Concellos e, por este motivo, amparándonos na Lei 7/2012 de Montes e a Lei 3/2007de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia para que o risco no caso de lumes sexa mínimo e se atopen máis protexidas as vivendas e os núcleos rurais, moitas parcelas se ven afectadas. Deste xeito damos a oportunidade a todo propietario que teña que cortar poida solicitar árbores autóctonas para repoboar de xeito ecónomico e cercano.

A importancia de plantar árbores autóctonas ven dada porque unha vez retiradas as especies prohibidas nesas faixas de protección, que deberán estar limpas, acónsellase repoboar estas especies (castiñeiros, carballos do país, cerdeiras, nogueiras…) de xeito que se diversifica o habitat, se beneficia a fauna e se xenera estabilidade ao ecosistema.