Skip to main content
Xove

O cineasta xovense Xacio Baño presentou recentemente a súa curta ‘Non te vexo’ no festival Clermont-Ferrand

Por 23 Febreiro, 2024Febreiro 24th, 2024Sin comentarios

O cineasta xovense Xacio Baño presentou recentemente a súa curta ‘Non te vexo’ no festival Clermont-Ferrand en Francia.

Esta curtametraxe, de 13 minutos de duración, é un ensaio cinematográfico sobre a imaxe rexeitada. “A selección de fotografías crea un conto para narrarnos a vida”, din a sinopse, “pois hai moitas instantáneas que consideramos imprecisas ou defectuosas, e esas tamén teñen algo que contar”.

Así, despois dun tempo de investigación enlazou este ensaio coa historia dunha parella que rompe despois de nove anos.

Esta curta, que xa foi estreada no Festival Internacional de Cine de València en xuño do 2023, amosouse no festival francés seleccionada polo propio certame na sección Lab Competition, adicada a amosar as propostas máis novidosas e singulares.

Non te vexo xa colleitou algún premio, así, no Curtocircuíto de Santiago de Compostela conseguiu o Premio Galiza e o Premio CREA á mellor Dirección Galega e no Festival de Cine da Coruña Intersección levou o Premio do xurado e o o Numax.

Xacio Baño xa conseguirá no 2022 o premio Mestre Mateo a mellor curtametraxe con Augas abisais, proxecto que contou coa colaboración e patrocinio do Concello de Xove.

A peza Augas Abisais fala da memoria colectiva familiar, e pescuda en lembranzas e relatos transmitidos de xeración en xeración por veciños de Xove. “Recata un patrimonio inmaterial que, levado ao cinema, permanecerá vivo para sempre”, conclúe.