Skip to main content
Xove

A Fundación Alcoa entregou unha máquina inxectora de plásticos ao IES Illa de Sarón de Xove

Por 27 Febreiro, 2024Febreiro 28th, 2024Sin comentarios

A Fundación Alcoa fixo entrega recentemente dunha máquina inxectora de plásticos da marca Babyplast ao IES Illa de Sarón de Xove. Esta maquina, que serve para a impresión en 3D, esta valorada en 44.000 dólares, é dicir, ao redor dos 40.000 euros.

Con este equipamento os alumnos poderán traballar no ciclo completo dunha peza de plástico inxectado. Ademais de que dende a Fundación Alcoa destacan que esta é unha rama tecnolócica moi demandada e con futuro nas súas aplicacións na industria.

No acto estiveron presentes a directora xeral da Formación Profesional, María Eugenia Pérez; o subdirector xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional, Jesús Manuel Rodríguez Buján; ademáis de Joaquín Fernández, xefe de planta de Aluminio en San Cibrao e Miriam Vilar, responsable de Comunidad y Fundación Alcoa en San Cibrao.