Skip to main content
Becerreá

O PP participou da manifestación para pedir a apertura da residencia de Becerreá

Por 10 Febreiro, 2024Sin comentarios

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, participou, xunto a deputados do Grupo Popular na Deputación de Lugo, na manifestación para esixir a José Tomé a apertura da residencia de Becerreá neste ano.

Antonio Ameijide mostrouse contundente ao dicir que a residencia de Becerreá “non abrirá en 2024”, xa que di: “Confirmamos que non hai nin un céntimo previsto para a apertura da residencia de Becerreá neste ano”.

Así, din que é “unha noticia moi triste ver como Tomé, o partido socialista e o BNG non teñen en conta as necesidades desta comarca, con todos os seus veciños clamando pola apertura desta infraestrutura”, detallou.

Dende o Grupo Provincial Popular confirman que seguirán a apoiar esta reivindicación de toda a veciñanza de Becerreá e a comarca dos Ancares “participando en todas as manifestacións que se convoquen”, xa que “non se pode permitir que esta residencia, na que todos os lucenses investimos 4 millóns de euros non se abra por unha venganza persoal de José Tomé contra o alcalde de Becerreá”, conclúen.