Skip to main content
Becerreá

O PP critica o voto en contra do PSOE e BNG á apertura da residencia de Becerreá

Por 28 Febreiro, 2024Sin comentarios

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a actitude e a postura que José Tomé, PSOE e BNG adoptaron coa residencia de maiores de Becerreá, que “van a manter pechada a pesar do clamor popular que hai nese concello e na súa comarca”. O voceiro popular, Antonio Ameijide, recorda que “nada fixeron dende o Goberno provincial” por abrir estas instalacións que darían servizo uns 140 usuarios e que non dedicaron “nin un euro nos orzamentos provincias para 2024 nin no Plan de Contratación da Deputación para este ano”.

Dende o Grupo Provincial Popular tamén esixen ao goberno de José Tomé que retire “os insultos” que dirixiron aos veciños de Becerreá aos que cualificaron de “mentirosos e manipuladores”. Tralo voto en contra de PSOE e BNG á apertura da residencia de Becerreá, dende o Grupo Provincial Popular sinalan que seguirán “ao carón dos veciños e defendendo as súas xustas reclamacións”.

Ademais, Antonio Ameijide considera “vergonzoso que o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, prohiba o acceso aos veciños a un pleno que é público”, un comportamento que demostra que “non quere escoitar á xente”. Así o manifestou tras ter coñecemento de que veciños da provincia que querían escoitar o debate de dúas iniciativas no pleno da Deputación sobre a protectora de animais e plantas de Lugo e a residencia de Becerreá non puideron acceder ao interior da sede da Deputación de Lugo.

“Isto é porque o presidente puxo un cartel de aforo máximo de 26 persoas na sala habilitada para o público na parte superior do salón de plenos e porque ordenou quitar as cadeiras na parte de abaixo. E todo da noite para a mañá porque queren estar illados e de costas aos veciños”, indicou. Nese sentido, convídao a rectificar e actuar con coherencia “mantendo este mesmo criterio tamén cando ao pleno acudan persoas para adular ao presidente”.