Skip to main content
Castroverde

O BNG de Castroverde organiza unha nova concentración en defensa da atención primaria

Por 5 Febreiro, 2024Sin comentarios

O BNG de Castroverde convoca unha nova mobilización por unha atención primaria digna este martes 6 de febreiro. A concentración será ás 13.00 horas diante do centro médico, onde comezarán cunha campaña de recollida de sinaturas.

Loitar por unha atención sanitaria digna no Concello é unha cuestión prioritaria para o grupo municipal que conseguiu no último pleno celebrado a unanimidade para a defensa desta cuestión. A sesión plenaria aprobou na súa totalidade instar á Xunta de Galicia a que se cubran as ausencias pediátricas e de medicina familiar no centro de saúde de Castroverde.