Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo pide unha asignación orzamentaria adecuada para cubrir vacantes no Concello

Por 2 Febreiro, 2024Sin comentarios

O PP reclama que se aborde de inmediato a RPT e unha asignación orzamentaria adecuada para cubrir vacantes no Concello de Lugo. A mellora na dixitalización, a aprobación do regulamento do horario e o teletraballo e unha maior sensibilidade cos problemas de saúde laboral do persoal municipal foron outras das peticións que compartiron cos representantes do comité no marco do diálogo permanente que o Grupo Popular mantén cos traballadores dende o inicio do mandato.

Os populares coincidiron cos representantes do comité de empresa na necesidade de dotar dunha partida orzamentaria suficiente para dar cobertura ás vacantes lembrando como no propio informe de intervención se alerta de que se constata “as mínimas previsións orzamentarias para a atención de obrigas relativas a contratación temporais e nomeamentos interinos

Dende a formación política, aseguran que é imprescindible contar cunha cadro de persoal ben dimensionado e motivado para garantir un bo funcionamento dos servizos. Como exemplo da “falta de recursos humanos no Concello de Lugo” citan a necesidade de recuperar a atención presencial en departamentos como o de urbanismo; o recoñecemento de dereitos de persoal ou a ampliación do horario de servicios básicos, como o cemiterio, centros sociais ou a atención cidadá. Outra cuestión que, segundo eles, se debe mellorar é a da dixitalización.

“O Goberno local desaproveita este mecanismo que se funcionase de forma correcta brindaría oportunidades para mellorar a organización dos recursos humanos”. Ademais, “o retraso por parte do Goberno local na aprobación do regulamento do horario e o teletraballo” é outra das preocupación deste colectivo lembrando como neste momento os funcionarios se rexen por unha instrución provisional. Sinalan, por último, como materia pendente a relativa aos problemas de saúde laboral que se derivan dos incumprimentos sistemáticos das recomendación de riscos laborais.