Skip to main content
Lugo

As Gándaras organiza en marzo a primeira xuntanza de tunas

Por 18 Febreiro, 2024Febreiro 19th, 2024Sin comentarios

O barrio das Gándaras organiza a primeira edición da Xuntanza de Tunas os días 15 e 16 de marzo. A programación do venres comezará a partir das 20.30 horas cunha presentación das tunas participantes. Media hora máis tarde comezará a actuación polos bares da zona.

A música continuará o sábado 16 a partir das 11.15 horas cun pasacalles que percorrerá as rúas dende As Gándras ata a residencia de maiores. As tunas actuarán no centro a partir das 12.45 horas. Ás 13.15 horas, as formacións amenizarán a xornada coa súa música polos bares dos barrios e xa pola tarde, a partir das 17.00, haberá animación musical. O broche de ouro será áss 20.15 horas coa actuación das tunas no campo da festa.