Skip to main content
Lugo

Preséntase no Vello Cárcere de Lugo unha nova edición da revista ‘Xistral’

Por 21 Febreiro, 2024Sin comentarios

A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, acudiu á presentación da XXV Edición da revista Xistral, celebrada este martes no Vello Cárcere de Lugo. Xistral foi unha publicación poética luguesa froito do entusiasmo de xuventude dun aínda descoñecido Manuel María, que comezaba a publicar os seus primeiros poemas.

No acto desta XXV Edición, participaron poetas, que “ofreceron un emotivo recital co que voltou a cita anual coa poesía galega, unha canle de difusión para os creadores e as creadoras lucenses e, tamén, un proxecto de referencia para todas as persoas con inquedanzas pola poesía”, índicou Ferreiro.