Skip to main content
Monterroso

Monterroso terá unha nova Feira de Oportunidades a finais de marzo

Por 28 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios da vila, convoca e participa na organización dunha Feira de Oportunidades os días 22, 23 e 30 de marzo, co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.

O obxectivo, tal e como explica o alcalde, Eloy Pérez, “é que se faga unha apertura dos comercios participantes na rúa para poder mover o stock almacenado, promocionando así a súa venda”.

Os negocios poderán ocupar solo público durante os días de celebración do evento en horario comercial para poder desenvolver a actividade e exporán ao público os distintivos que lles proporcionará o Concello de Monterroso.

Comprar en Monterroso ten premio

O Goberno local fará un sorteo de tantos vales agasallo como negocios participen, por un importe de 30 euros cada un.

O luns 1 de abril ás 10:00 horas farase a entrega das papeletas cos vales participantes para o sorteo no Espazo Cultural Lorenzo Varela. Será retransmitido polas redes sociais do Concello de Monterroso.

Prazos para anotarse

Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 15 de marzo, por whatsapp no teléfono da traballadora de Cultura. Tamén farán constar as mesas que precisan para desenvolver á actividade.

O Concello proporcionará aos negocios participantes as papeletas e urnas para desenvolver o sorteo. Son eles os que deberán cubrir o recadro correspondente para coñecer a procedencia das papeletas.

Non se poderán presentar ao sorteo os titulares dos comercios participantes, se son persoas físicas ou se os empresarios son persoas xurídicas, os socios, os seus familiares directos (cónxuxes, ascendentes ou descendentes en primeiro grado) ou os seus empregados, con papeletas obtidas por compras no seu propio establecemento.

Considéranse papeletas válidas as que conteñan todos os datos requiridos para la identificación dos participantes (nome, apelidos e teléfono) para así poder localizalos para realizar a entrega do premio.