Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXAMonforte

Os concellos da Ribeira Sacra celebraron o Xoves de Comadres a pesar da climatoloxía

Por 9 Febreiro, 2024Febreiro 10th, 2024Sin comentarios

O Xoves de Comadres celebrouse en distintos concellos da Ribeira Sacra este xoves, como en Monforte, Quiroga, A Pobra do Brollón ou Pantón, onde apareceron bonecos femininos por todas as rúas e parroquias.

A pesar das inclemencias climáticas, os veciños e veciñas dos diferentes concellos botaron man da imaxinación, inspirándose en personaxes ben próximas como os seus propios concidadáns e familiares.

No caso de Quiroga, por exemplo, no Centro de Saúde instalouse un novo servizo, o de Atención ao Impaciente a cargo das de Ardebullo e o supermercado Día fixo alusión á normativa para ter galiñas.

No caso de Monforte, ademais das persoas que participaron no concurso, a Asociación Albores Saúde Mental de Monforte tamén elaborou os seus bonecos, aínda que non participaron no concurso, e os bonecos son case os únicos que se queiman, “contribuíndo a manter unha tradición moi antiga e propia do noso pobo”, explican.