Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAQuiroga

Miguel Portal e Vanesa Pérez foron os máximos gañadores da Ultra de 90 km do Quiroga Trail Challenge

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Quiroga Trail Challenge desenvolve unha “histórica décima edición” a través do Xeoparque Montañas do Courel a pesar das malas condicións climáticas de chuvia e fortes ventos que tiveron lugar durante esta fin de semana.

Desde a organización do evento din que a “proba reina do trail running galego coroa a súa décima edición cunha xornada marcada polas fortes choivas e saraiba que converteron as distancias do trail e minitrail en auténticas probas de resistencia física e mental. O Lor máis salvaxe que non perdoa”.

Así, din que se viron “chegadas a meta emocionantes e descarga completa de adrenalina, participantes exhautos como nunca, pero felices e pletóricos. Risas, prantos, emocións a flor de pel”, sosteñen.

Das máis de 1.200 persoas que participaron, os heroes do domingo no trail foron José Cid Martínez (C.D.Montañeira Zamora), Luis Baralla Guerra (Km Vertical Torrelavega) e Javier Janeiro Cerdeira (Korpore Arenteiro Trail) no podio masculino, e Patricia Noya (Tribo Trail), Anna Mengual Ripoll (CD Senen Challenge) e Carla Junquera Marqués(CDE Todovertical).

No minitrail completaron a épica Eloy Martínez Faro (AC Castelos Trail Club 1° Promesa), Iñaki González Arias(Amurrio Trail) e Pablo Fernández García (Toxos &Birras) no podio masculino, e Sara Varela Espiñeira (C.D 21 Leguas Narón), Elena Rosell Aragón (Metas Imposibles Trail Team) e Carolina Niño (Club Corredoiras Bueu), na clasificación feminina.

Ademais, clasificáronse como gañadores da ultra de 90 km Miguel Portal, José Manuel Gil e Víctor Maneiro na categoría masculina, e Vanesa Pérez, Loreto Rodríguez e Lea Doppelbauer como gañadoras femininas.

E para os que o probaron todo na modalidade de circuíto os podios foron os seguintes:

  • No circuíto ultra subíronse ao caixón masculino Pablo Vecino Rey, Javier Janeiro Cedeira e Xoxé María Fernández no ámbito masculino, e Eugenia Gil Ballester como única muller do circuíto.
  • No circuíto maratón, o podio masculino foi compartido entre José Manuel Pérez Rodríguez, Manuel Gómez Gómez e Iván Barca Taibo; e entre as mulleres, Patricia Noya, Vanesa Varela e Alicia Prieto.
  • No circuíto trail, o podio masculino foi para Eduardo Fabeiro, Emilio Alvarez e Roberto Balado e entre as mulleres destacaron Anna Mengual, Sandra Fernández e Nuria Fernández.
  • Xa no circuíto minitrail, os clasificados foron Eloy Martínez, Iñaki González e Rodrigo Bermúdez, entre os homes; e Elena Rosell, Carolina Niño e Tere Dieste, entre as mulleres.

Finalmente, conclúen que foi “un décimo aniversario marcado polas sorpresas que non deixou indiferente a ninguén, e a organización, voluntarios e corredores implicados ao cento por cento que venceron xuntos todas as dificultades”. Así, agradecen toda a participación e axuda, xa que “ese é o auténtico espírito QTC”.