Skip to main content
Bóveda

Un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas terá lugar en Bóveda

Por 22 Febreiro, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O centro sociocultural de Bóveda acolle o vindeiro 23 de marzo unha actividade para mulleres co gallo do Día Internacional da Muller, que se celebra o vindeiro día 8 de marzo.

Así, a actividade, que terá lugar de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, consistirá nun curso de autodefensa para mulleres ante situación violentas.

A iniciativa está promovida polo Concello e a Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Loita.