Skip to main content
Bóveda

Bóveda acollerá un obradoiro de artesanía con fíos durante o Día da Muller

Por 26 Febreiro, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O Concello de Bóveda organiza unha actividade de artesanía con motivo do 8M, Día da Muller, que consiste nun obradoiro de artesanía con fíos.

Esta actividade vai ser impartida por Lorena Quintáns o venres 8 de marzo a partir das 11.00 horas no Centro Sociocultural do municipio.

Así, as persoas participantes aprenderán a traballar a técnica da ilustración con fíos e terán a oportunidade de facer un colgante para conmemorar este día da muller.