Skip to main content
Carballedo

Carballedo celebra a súa primeira festa do Cocido e a primeira Mostra de Artesanía

Por 13 Febreiro, 2024Marzo 28th, 2024Sin comentarios

O vindeiro 24 de febreiro celébrase en Carballedo a primeira Festa do Cocido e a primeira Mostra de Artesanía do Concello de Carballedo.

Esta cita, organizada polo propio Concello, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e asociacións como os Tres Fuciños, a marca Porco Celta e a asociación Asoporcel.

Todos os veciños e veciñas que queiran participar desta xornada festiva poderán facelo e para consumir o cocido terán que pagar un menú de 25 euros os adultos e de 15 euros os nenos e nenas de ata 12 anos.