Skip to main content
Monforte

O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, visitou a Cidade do Cabe

Por 15 Febreiro, 2024Sin comentarios

José Tomé Roca acompañou este mércores ao ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, na súa visita á Ribeira Sacra.

O ministro de Exteriores e o presidente da Deputación e alcalde de Monforte reuníronse co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra no Centro do Viño da cidade do Cabe, para logo visitar os bancais.

José Manuel Albares expresou o seu compromiso de “axudar da mellor maneira posible á promoción exterior da viticultura da Ribeira Sacra e do conxunto da comarca”.

Así mesmo, apuntou a que, fronte á inercia e abandono ás que ten sometida Rueda a Galicia, “o Goberno de Pedro Sánchez ten un compromiso cos galegos e galegas” en todos os ámbitos, e puxo como exemplo o sector pesqueiro, a captación de fondos europeos para abordar as transformacións económicas que necesita a comunidade autónoma, ou a promoción do galego, “levando o idioma ao corazón de Europa para que sexa definitivamente unha lingua oficial”.

Nese sentido e coa vontade de perfilar os detalles dos últimos días da campaña electoral, Tomé e Albares mantiveron tamén un encontro cos rexedores, voceiros e candidatos socialistas da comarca de Lemos.