Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

A Carreira da Muller de Sarria celebrarase o vindeiro 9 de marzo

Por 15 Febreiro, 2024Febreiro 16th, 2024Sin comentarios

O vindeiro 9 de marzo celebrarase a sétima edición da Carreira da Muller en Sarria da man da organización da Área de Deportes do Concello.

A rúa Liberdade será o punto de saída e o paseo do Malecón o punto de finalización desta carreira, despois de que as persoas participantes percorran unha distancia de 5 quilómetros, tanto andando como correndo.

A carreira, na que poderán participar persoas a partir dos 12 anos en diferentes categorías, comezará ás 18.00 horas e a entrega de dorsais será de 16.00 a 17.30 horas no Malecón.

O percorrido exacto será saír da rúa Liberdade en dirección a Samos, pasar por Castelao e seguir en dirección As Aceas, para volver polo campo de fútbol cara a estrada de Monforte e, despois, volver a Castelao, pasando polo pavillón e a piscina, cruzar o Hotel Alfonso IX e finalizar o percorrido no Malecón.