Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O Club de Tiro San Juan de Sarria celebrará a súa gala anual o vindeiro 9 de marzo

Por 26 Febreiro, 2024Marzo 13th, 2024Sin comentarios

O club de tiro San Juan de Sarria celebra a súa cea-baile anual o vindeiro 9 de marzo, día no que tamén se entregarán os premios aos deportistas máis destacados do ano.

Así, o evento comezará ás 21.00 horas no mesmo restaurante no que se celebrou a cea anual do sector de hostalería da comarca de Sarria, o Cinza e Lume, onde cearán, repartiranse os premios e haberá un baile despois.

O ano pasado recuperouse esta iniciativa despois do parón pola covid e reunir a máis de 200 persoas, das cales 40 foron recoñecidas polos seus éxitos deportivos.