Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes RIBEIRASACRAXADeportes SARRIAXADeportes TERRACHÁXA

Arranca a Copa Deputación para os equipos de Preferente e Primeira

Por 12 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Copa Deputación aproveitou o descanso de Entroido na Liga para celebrar a ronda previa para as categorías de Preferente e primeira Galicia.

Dos tres equipos da categoría superior que xogaron, dous conseguiros o pasaporte para oitavos, o Residencia, que derrotou ao ao Outeiro de Rei, e o Lemos, que fixo o mesmo co Monterroso. Pola contra, caeu o Castro ante o Escairón, que está situado na parte alta como serio aspirante ao ascenso.

Os outros tres finalistas foron o Milagrosa, que venceu ao Guitiriz, e o Meira, que superou amplamente ao Burela. O terceiro foi o Santaballés, que se clasificou na quenda de penaltis ante o Guntín despois de empatar o partido 2-2.

Aproveitouse tamén a sesión para disputar un partido de oitavos, o Riotorto-Chantada Atlético, que terminou cunha vitoria ampla do equipo chantadino (1-4).

SEGUNDA-TERCEIRA

Para estas dúas categorías foi a segunda sesión de Copa, a de dezaseisavos, e na que só catro equipos de Terceira sobreviviron para xogar os oitavos.

Nos duelos entre equipos de Segunda houbo algunhas sorpresas. Pola mínima lograron clasificarse Iberia e Muimenta; e con marcadores máis amplos Brollón, Friol e Antas. Na quenda de penaltis, foi o Xermade o que se desfixo do Pastoricense.

A superioridade dos equipos de Segunda sobre os de Terceira chegou coas vitorias de Vilalbés B, Candelaria, San Roque, Becerreá e Paradela, con marcadores claros. A Comercial tivo que chegar aos penaltis.

Finalmente dous equipos de Terceira venceron aos de Segunda, o Casás derrotou por goleada ao Roupar e o Rubián nos pealtis acabou co Ferreira.

A estes súmanse as vitorias de O Páramo e Piringalla ante rivais da súa categoría.