Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O CD As Pontes cambia a Pepe Mariño por Iván Rodríguez á fronte do banco

Por 18 Febreiro, 2024Sin comentarios

Logo dunha desafortunada serie de resultados negativos, a xunta directiva do CD As Pontes e a dirección deportiva reuníanse esta semana co adestrador Pepe Mariño para, de mutuo acordo, optar pola non continuidade do adestrador no banco do primeiro equipo.

Dende o club agradecen “os seus servizos durante estes meses e desexámoslle a mellor das sortes no seu futuro deportivo e persoal”.

Como consecuencia da baixa de Mariño e tendo en conta as xornadas restantes e a situación deportiva actual, a xunta directiva e máis en particular o presidente Xaime Castro, optaron por ofrecerlle o posto ao director deportivo Iván Rodríguez, home de club e coñecedor en profundidade do actual conxunto.

Iván compaxinará os seus labores de director deportivo coas de adestrador do primeiro equipo, sobreesforzo que o club “lle agradece enormemente” ao tempo que lle desexa moita sorte nas restantes xornadas de liga.

O CD As Pontes é antepenúltimo na táboa con 20 puntos en 21 xornadas e atópase en postos de descenso directo.