Skip to main content
Abadín

Organizan e Abadín un obradoiro para a mocidade sobre a autoestima

Por 1 Febreiro, 2024Sin comentarios

O colectivo Quérote+ celebra o xoves próximo, 8 de febreiro, un obradoiro co título Cultivando a autoestima: Obradoiro para o crecemento persoal e o reforzamento do autoconcepto.

O obxectivo do mesmo é cultivar a autoestima, as habilidades sociais, a expresión emocional, ” que son ferramentas que contribúen positivamente no benestar persoal”.

Está dirixido a mozos e mozas entre 14 e 16 anos e con el preténdese contribuír á construción dunha imaxe persoal positiva, facendo fincapé en que cada persoa é única e particular; ademais de reflexionar sobre as emocións e xestión persoal.

Buscarase potenciar a adopción e actitudes que promovan o noso benestar e o respecto cara os demais e o espírito crítico na análise da información virtual.

A sesión terá lugar no Concello de Abadín, en horario de 17.00 a 18.30 horas.