Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXARábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Destacan o labor das casas niño en Rábade e os centros de día en Outeiro de Rei

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

Os candidatos do PP lucense ás autonómicas subliñan que “o Goberno galego mellorou durante os últimos quince anos as facilidades dos galegos para conciliar co impulso de medidas pioneiras”.

Así o manifestaron durante a visita a unha casa niño en Rábade na que participou a titular de Política Social e Xuventude, Fabiola García, onde lembraron que “nesta lexislatura se acadaron as máis de 100 casas niño por toda a Comunidade”, centros que ofrecen atención gratuíta, oito horas ao día en concellos do rural onde non existían escolas infantís.

Galicia é a primeira comunidade en contar con todas as escolas infantís gratuítas, unha medida das que se benefician 31.000 familias. Tamén se melloraron as condicións Tarxeta Benvida, da que se levan beneficiado 100.000 galegos e que ofrece axudas económicas de ata 3.000 euros ao ano; e reforzouse o Bono Concilia Familia, unha axuda de ata 500 euros para contratar servizos de conciliación que duplicou as súas solicitudes ata as 13.200.

Fabiola García tamén participou nunha visita ao centro de día de Outeiro de Rei, nunha reunión con representantes populares da Terra Chá.