Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Marlaska foi o tema principal no mitin de Feijoo en Outeiro de Rei

Por 12 Febreiro, 2024Sin comentarios

O expresidente da Xunta de Galicia e máximo responsable do Partido Popular, Alberto Núñez Feijoo, participou onte en Outeiro de Rei nun mitin no que se centrou no ministro Marlaska.

Considera que o Goberno non pode manter por máis tempo ao titular de Interior, quen “debería dimitir por outras cousas”, en alusión ao “absoluto fracaso no control de fronteiras e a súa presunta conivencia coa contorna dos presos de ETA”.

Espera que o ministro Marlaska non sente o vindeiro martes na mesa do Consello de Ministros e que, en caso de non dimitir, sexa cesado “por un mínimo de decoro e de respecto ás FCSE”.

Anunciou que hoxe, luns, viaxará a Barbate, onde falará cos alcaldes e, “como primeiro partido de España”, comprometerase coa Garda Civil para que conten cos medios que necesitan.

Censura que, tras o asasinato de dous axentes en Barbate, a reacción do Goberno fose acudir a un festival de cinema, no caso do presidente, e non reunirse cos gardas civís do posto onde ocorreron os feitos, no do ministro do Interior.

Lembrou Feijoo que o BNG “concorrerá en coalición con Bildu e ERC ás eleccións europeas” e alerta de que Bildu propoñerá como cabeza de lista “a un condenado por pertenza a banda armada”.

Subliña que o 18F “elixirase entre un goberno unido e con experiencia e un multipartito desunido e sen experiencia; entre poder xestionar con eficacia ou crear problemas; e entre contar co que mellor representa aos cidadáns ou o que impón a súa ideoloxía aos demais”.