Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A casa museo de Manuel María proxecto a curtametraxe sobre Rosalía de Castro

Por 22 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este venres, día 23 de febreiro, é o día en que se conmemora o nacemento de Rosalía de Castro e a Casa-Museo Manuel María quere festexar esta efeméride este sábado, día 24, cunha actividade que renda homenaxe a Rosalía e a súa literatura.

Así, ás 19 horas, comezará a actividade, de acceso libre, que terá como momento central a curtametraxe A rosa incandescente, un filme que mostra Rosalía falando do seu proceso creativo no momento de publicar o seu artigo Lieders.

Dirixida por David Vázquez, con guión de Anxos García Fonte e protagonizada por Alba López, a curta de vinte e sete minutos, rodada en 2021 no Pazo de Sabadelle e contorna, e estreada en 2022, quere achegarnos, segundo a súa guionista, unha Rosalía de Castro próxima e directa que nos conta ela mesma algúns dos aspectos fundamentais da súa obra: a paixón pola literatura oral, o compromiso co seu país, a sensibilidade cos marxinados da sociedade, a análise económica e social do seu tempo e, por suposto, as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora. Rosalía é a mesma rosa incandescente de intelixencia, sensibilidade e paixón polo que fai.

Logo da proxección, Anxos García Fonte manterá un coloquio co público asistente. Mais a actividade dará inicio cunha lectura pública, previa á proxección, da propia obra de Rosalía. Lectura en que participarán membros dos Clubs de Lectura da Casa-Museo Manuel María e todas aquelas que se queiran animar, co único requisito de se inscribir, previamente, no correo da casa-museo (contacto@casamuseomanuelmaria.gal) ou a través do whatsapp comunicando, ao mesmo tempo, o texto de Rosalía que queiran ler.