Skip to main content
A Pastoriza

A comisión de festas da Pastoriza organiza unha cea baile

Por 13 Febreiro, 2024Sin comentarios

A comisión de festas da Pastoriza organiza para o venres 22 de marzo unha cea con baile na antiga ladrilleira.

A sesión dará comezo ás 22.00 horas e contará coa actuación dun grupo musical. Tamén haberá sorteo de agasallos e un menú a cargo do hotel restaurante Casa da Luz, que constará de arroz caldoso, xarrete estofado e sobremesa caseira.

O prezo da celebración é de 30 euros cun prezo especial de 15 para os menores de 12 anos.

Os interesados en anotarse deberán facelo a través dos membros da comisión (Raúl, Sara, Lidia, Nerea e Andrea).