Skip to main content
A Pastoriza

Os veciños da Pastoriza organizan de novo a festa de Entroido

Por 5 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello da Pastoriza terá, un ano máis, a súa festa de Entroido o domingo 11 de febreiro nas instalacións da antiga ladrilleira.

A festa dará comezo ás 13.30 horas cunha sesión vermú amenizada pola solista Verónica Cambón.

Pola tarde está previsto o inicio do gran desfile de disfraces e o seu posterior concurso.

A festa contará cunha chocolatada con bizcoito e pola tarde volverá actuar Verónica Cambón.