Skip to main content
A PastorizaDestacadas Otros TERRACHÁXA

A Pastoriza contará cunha oficina agraria

Por 19 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello da Pastoriza anunciou a creación dunha oficina agraria na Pastoriza. Este avance foi realizado no transcurso dunha reunión entre o conselleiro de Medio Rural, José González, e os representantes do Goberno local, o alcalde Darío Cabaneiro, e o tenente de alcalde, Marcos García Lombardero.

Cabaneiro asegurou que se solicitou este servizo debido “á necesidade que hai debido á relevancia económica que ten a gandaría na Pastoriza”, onde hai máis de cen explotacións e preto de 20.000 cabezas de gando vacún.

O obxectivo é que esta oficina, que será a número 68 de Galicia, conte con tres traballadores, dous veterinarios e un administrativo, que estará a dispor da veciñanza.

Esta oficina farase a través dun convenio entre a Xunta e o Concello e este último será o encargado da cesión do espazo para a creación da mesma, que prestará servizo á municipios da contorna.

Esta actuación englobaríase dentro do Plan de Infraestruturas da Consellería de Medio Rural.