Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza busca financiamento para tres obras na localidade

Por 18 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello da Pastoriza anunciou que pedirá unha subvención á Xunta de Galicia para varias obras a realizar no termo municipal.

Unha desas obras será a instalación dun parque infantil no centro da capitalidade, que estará doatado de xogos infantís, e zona de merenda, e no que se incluirá unha tirolesa de 23 metros.

O orzamento deste proxecto é de 48.000 euros.

Ademais, tamén pedirán unha axuda para a adecuación do revestimento exterior do peche perimetral do campo de fútbol municipal do Acebreiro. Esta mellora ten un orzamento de 28.500 euros.

O Concello pastoricense presentará tamén outra solicitude para a subvención do proxecto de execución de infraestruturas viarias no parque empresarial da Pastoriza. Tamén se presenta este proxecto á Xunta de Galicia e ten un importe nesta ocasión de 120.000 euros.