Skip to main content
A Pastoriza

Programadas as obras con cargo ao Plan Único na Pastoriza

Por 20 Febreiro, 2024Febreiro 21st, 2024Sin comentarios

O Concello da Pastoriza presentou os proxectos para o arranxo de vías dentro do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputacion Provincial de Lugo, que hoxe recibe o nome de Plan Deputación.

Así, a previsión municipal é a intervención en 21 vías da rede municipal, que abrangue camiños en Bretoña, Loboso, Reigosa, Crecente, Gueimonde, San Cosme de Piñeiro, Pousada, Aguarda, Álvare e Cadavedo.

O investimento total nestas obras será de 206.000 euros.

Por outra banda, a Deputación reparou xa o trazado da Lu-P-0103 dende o Campo das Cruces en Lagoa ata o Muíño de Couto en Úbeda.

Tamén a Xunta realizou unha intervención, ao reparar parte do trazado da LU-123 o seu paso por Bretoña no barrio da Soledá.