Skip to main content
A Pastoriza

A comisión de festas de Reigosa organiza unha cea-baile o sábado

Por 28 Febreiro, 2024Sin comentarios

A comisión de festas de Reigosa, na Pastoriza, organiza este sábado, 2 de marzo, unha cea-baile para recadar fondos de cara á organización das patronais.

A cea contará coa actuación de Sandra e contará no menú con entrantes, callos, churrasco, sobremesa, bebidas e café. Ten un prezo de 25 euros para adultos e de 10 euros para nenos.

Está previsto que a cea comece ás 21.30 horas.