Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O PP ve en Pol un exemplo de reparto desigual dos fondos de cooperación da Deputación

Por 22 Febreiro, 2024Sin comentarios

Segundo explica o PP, na xunta de goberno da Deputación de Lugo da semana pasada, José Tomé e o seu equipo de goberno aprobaron un convenio interadministrativo de cooperación co Concello de Pol para colaborar no financiamento dos gastos correntes dese municipio por importen de 240.000 euros, dos que 200.000 serán aportados pola Deputación.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, pregunta a José Tomé, trala aprobación deste convenio, “se o goberno provincial pensa poñer en marcha unha liña de financiamento para sufragar os gastos correntes dos 67 concellos da provincia ou so vai a seguir pagando os cheques dos seus alcaldes afíns, mantendo esa liña do municipalismo de amiguetes”.

“A realidade é que a institución provincial dirixirá fondos de tódolos lucenses a sufragar gastos correntes (combustible, seguros e reparacións de vehículos, entre outros…) dun único concello. É certo que unha das funcións das deputacións é a cooperación cos concellos, como tamén o é o feito de que o goberno desta institución non colabora do mesmo xeito con todos os concellos da provincia”, recordando o voceiro provincial popular “os 15 millóns de euros que o goberno provincial repartiu a dedo en 2023 a través de convenios aprobados nas xuntas de goberno”.

Explica que eses case 15 millóns repartíronse en 2023 a través de 93 convenios con 37 concellos. 12,8 millóns (87%) en 67 convenios para concellos gobernados polo PSOE, 1,33 millóns (8,8%) en 19 convenios con concellos gobernados polo BNG, 472.000 euros (6,4%) en 6 convenios para concellos gobernados por independentes e 74.000 euros (0,5%) para un concello gobernado polo PP porque quedaran amañados co anterior goberno municipal do BNG, no pasado mandato.

Por último, Ameijide recorda que dentro deses 15 millóns repartidos en 2023 entre afíns xa houbo un convenio idéntico, asinado co Concello de Viveiro de Dinamización de gastos corrente se mantemento de servizos por un valor de 220.761,71 euros, dos que a Deputación achegaba 200.000.

“A realidade é que nin socialistas nin nacionalistas saben xestionar unha administración cando chegan a ela, despilfarrando os cartos e dedicándoos aos seus afíns e para pagar as carreiras políticas dos seus amiguetes”, sentenciou.