Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade contará cunha segunda edición do festival Entrepontes o 25 de maio

Por 12 Febreiro, 2024Febreiro 13th, 2024Sin comentarios

O colectivo Fillos da Chaira de Rábade vén de convocar a celebración da segunda edición do festival que se desenvolverá na localidade en maio baixo o título Festival Entrepontes.

A data escollida foi o día 25 de maio para unha cita coa música que será gratuíta para os asistentes e que tivo un gran éxito o ano pasado.

A primeira confirmación do festival será o grupo Lontreira, unha banda musical galega integrada por Adri Coyote (Adriana Cores da Illa de Arousa) Rotce (Héctor Rodríguez de Moaña) e Iván Barral de Meis.

Segundo avanzou a organización, o festival contará cunha xornada chea de actividades na e moitas máis actuacións que irán coñecendo a medida que avancen as semanas.