Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

A Asociación Galega de Custodia do Territorio oferta un posto de traballo

Por 18 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación Galega de Custodia do Territorio oferta un posto de xestor/a de proxectos de conservación e educador/a ambiental durante 22 meses, ao 50% de xornada, con posibilidades de ampliación.

O traballo terá unha parte presencial na Casa das Insuas de Rábade e outra en remoto, ademais de xuntanzas presenciais tanto de coordinación e seguimento dos proxectos dentro da AGCT, como con outros participantes dos proxectos.

As persoas que desexen acceder a este posto de traballo deberán enviar un correo electrónico co CV + carta/vídeo de presentación a custodiadoterritorio@gmail.com, indicando no asunto ‘Oferta de emprego’. A data límite é o 20 de febreiro.

Entre as funcións está a coordinación e xestión administrativa e económica de proxectos de conservación, asistencia a xuntanzas de coordinación de proxectos, deseño e coordinación de actividades educativas e divulgativas na Casa das Insuas, elaboración de notas de prensa, contidos para redes sociais e outros materiais divulgativos e elaboración de informes e memorias.

Requírese licenciatura ou grao universitario, carnet B1 e vehículo propio, ordenador propio e conexión a internet, flexibilidade de horario e dispoñibilidade para traballar en fins de semana cando se requira e ofimática a nivel usuario.