Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Traballadores de Finsa concéntranse en Rábade por “un convenio xusto”

Por 23 Febreiro, 2024Sin comentarios

Traballadores de Finsa, en Rábade, realizaron unha concentración ante as instalacións de Rábade para continuar coa súa protesta en favor dun convenio xusto.

A de Rábade é a terceira concentración que se realiza ante esta empresa, coordinada polos catro sindicatos con representación, CC.OO. , UFT, CIG e USO, logo de terse manifestado en Ourense en decembro e en Padrón en xaneiro.

Os traballadores quéixanse das condicións de traballo, dos calendarios e de que a empresa non cubre as súas demandas salariais.