Skip to main content
Ourol

Ourol: a fervenza da Xestosa

Por 29 Marzo, 2024Sin comentarios

Un fermoso e potente salto de auga rodeado de vexetación e ladeiras boscosas que compoñen unha bonita estampa.

A Fervenza da Xestosa, localizada no municipio de Ourol, é unha das máis bonitas da Mariña. Conta con distintos saltos, rematando nunha gran caída final de máis de 20 metros de altura, precipitando as súas caudalosas augas con grande estrondo nalgunhas épocas do ano. O nome á fervenza dállo o río Xestosa tamén chamado Xanceda que baña as serras da Gañidoira e da Coriscada e que se xunta co Landro, do que é tributario, en Xerdiz.

Para chegar a esta fervenza que se atopa en terras de Ourol hai que ir pola vella estrada de Ourol a Muras, deixar o coche nunha pequena área de descanso (debaixo da ponte da estrada nova) e seguir camiñando pola estrada en dirección Ourol. Esta senda mergulla aos visitantes nun bosque se volve máis frondoso na húmida contorna do río e pronto chegamos á fervenza.

A menos de 500 metros sae unha pequena senda que leva ata a fervenza que podemos contemplar e escoitar desde distintos puntos.

A auga precipítase salvando un considerable desnivel do terreo, formando a fervenza da Xestosa. O escenario é fermoso, rodeado de vexetación. Como non pode ser doutra maneira, é recomendable visitala en época de choivas, resultando especialmente fermosa na primavera, cando aínda queda moita auga e a vexetación está verde.

Despois retrocedemos costa arriba polo mesmo carreiro e a media altura tomamos outra senda que se dirixe á parte alta da fervenza. Con todo, a vexetación crecida pode impedir ver a fervenza desde arriba sen estorbos. En calquera caso, ofrécenos unha panorámica dos montes poboados de bosque.

Continuamos polo carreiro a beiras do río ata que chegamos a unha pequena presa, e despois pódese regresar ao momento de inicio.